Noticias
© Cristina | 29/12/2025 | Escola de Música Tradicional de Sarreaus
Convivimos e habitamos coa idea de compartir a música
A Escola de Música tradicional de Sarreaus en A túa outra casa (vivenda comunitaria)
29/12/2025
Este pasado sábado 27 de decembro tivemos a sorte de recibir en Lodoselo unha visita ben sonora; dende hai un par de meses está en marcha a Escola de Música tradicional de Sarreaus. E visitáronnos para cantar e animar a tarde. Todo un agasallo. Graciñas!
O seu director é ben coñecido por pilotar 6/8, Escola itinerante de Galicia creada para difundir a cultura tradicional galega a través do baile e a formación de novos docentes. Seisporoito (o compás a nivel musical da muiñeira) que é “a miña forma de ver o mundo”. Son palabras de Artur Puga (A Guía, Vigo, 1997, bailarín que colaborou con Tanxugueiras) o novo director da Escola de Música tradicional de Sarreaus, recentemente creada da man do Concello, apostando por xerar novos espazos educativos; por unha iniciativa case única en Galicia porque hai moi pouquiñas deste tipo e coa que se quere achegar a música tradicional a todo o mundo dunha maneira próxima, asumible, alcanzable e acoller a todos.
Contan e traballan man a man coa Asociación Abancar e As Rebulideiras de Sarreaus. Di que foron moi ben acollidos; destaca ó mestre Xan Pérez o encargado de poñer toda a sabedoría; queren desenvolver moitas actividades en Sarreaus e unha delas fixéronna este pasado sábado, recuperar unha antiga tradición galega; a de cantar os aguinaldos ou os Reises. Saíron a amenizar, a levar a música polo Concello adiante. Quixeron facer un día especial para a xente da escola, a xente da Asociación e do Concello. Promovendo un rural vivo. Entre os lugares que animaron estivo A túa outra casa ( Vivenda Comunitaria, CDR O Viso) en Lodoselo. Tamén en Nocelo da Pena e Sarreaus.
Saudamos gozosos a iniciativa; agradecemos que se achegaran ata a vivenda comunitaria e agardamos moitos momentos compartidos porque isto é unha construción colectiva. A estratexia que posibilita que ata o difícil se converta en sinxelo. E a música, a memoria do que fomos, ler atentamente o pasado pode ser, como non, un espazo propicio para o encontro.

Aquí, unha peza https://youtu.be/MPLmnrgurk8
Arquivada en:
Infórmate > Noticias