Noticias
© CDR O Viso | 20/12/2025 | Trad. oral Centro de día
A relevancia dos bos hábitos (tradición oral) que fan habitable a vida
Centro de día - Casa Niño Lodoselo: espazo educativo
20/12/2025
A tradición oral necesita de xente para selo aínda que hoxe en día semella ser máis unha cousa de modernidade. Sexa por honra á tradición, sexa por aposta pola modernidade ou sexa porque si, queremos participar desta práctica sempre.
A expresión máxima da tradición oral é posiblemente a que concentra persoas de diferentes idades porque nos contos, nas músicas hai moito de transmisión de aprendizaxes e de cultura. No Centro de Día e na Casa Niño Lodoselo temos tódolos ingredientes para beber da oralidade. No Centro de Día máis de dúas ducias de persoas van cada mañá a ser ben coidadas e coidados. Isto significa terapia ocupacional, fisioterapia, podoloxía, aseo e hixiene, alimentación...e amor, moito amor. Na Casa Niño medran cada día nenas e nenos rurais que deben ser ben coidados e coidadas. Isto significa estimulación, comunicación, experimentación, aseo e hixiene, alimentación...e amor, moito amor.
No amor converxen tódalas idades e nel queremos construír a partir da oralidade. Así, vimos de crear dous espazos para coidar a relación entre os nenos e nenas coas persoas maiores. Cada luns, alguén conta un conto. Cada xoves, alguén (ou todas) cantan unha canción. Trátase de compartir un momento que noutrora se daba nunha lareira, nun fiadeiro ou nun mazadoiro e agora se poden dar ó abrigo dun lugar quentiño, confortable e plural. Aí, neses espazos a oralidade eríxese coprotagonista xunto coas persoas.

Este pasado luns a Anabel contou o conto do Apalpador. Un conto que os nenos e nenas xa sabían e por iso apuraban o desenlace, máis para demostrar que coñecían o final ca pola présa de acabar. Outro luns será a Asunción quen conte un ou ó mellor hai algunha persoa convidada a facelo. Todo sexa por sentarse arredor dunha historia e compartir a emoción de vivila. O xoves a Pilar levounos á súa infancia cos Cantos dos Reis que aprendera da xente vella (xente que debeu nacer fai centro cincuenta anos e que xa aprendera doutras persoas máis vellas antes). Outro xoves será unha nena quen cante unha canción ou ó mellor hai algunha persoa convidada a facelo. Todo sexa por compartir.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias