Noticias
© CDR O Viso | 02/12/2025 | Un futuro libre de violencia para todas as mulleres. web
A amabilidade, unha forma sensata de esperanza
Reafirmamos o noso compromiso cun presente e un futuro libre de violencia para todas as mulleres
02/12/2025
Dende o C.D.R. O Viso, apostamos por intensificar en novembro o traballo encamiñado á prevención e sensibilización contra a violencia machista porque non queremos que ninguén viva con medo na Limia.
Ao longo do mes de novembro puxemos en marcha unha ampla programación de actividades dirixidas a promover a igualdade, a reflexión crítica e a prevención da violencia machista no rural.
Quixemos abranguer o tema, pola súa importancia, desde tódalas nosas áreas. Por unha banda, realizáronse talleres de coidados nos pobos de Escornabois, Nocelo, Paradela, Cortegada e Folgoso, espazos de aprendizaxe colectiva nos que se traballou sobre a importancia de construír formas de autocuidado propias, afastadas dos estereotipos e das presións sociais. As participantes reflexionaron sobre que necesitamos realmente para coidarnos, como incorporar rutinas de benestar persoal e emocional e que significa “darnos mimos” desde o respecto cara unha mesma.
En paralelo, abordouse directamente a prevención da violencia de xénero nos centros educativos da contorna. Desenvolvéronse obradoiros nos colexios de Sandiás, Os Blancos, Sarreaus e Vilar de Barrio, nos que o alumnado puido identificar sinais de relacións sas, desmontar mitos do amor romántico e comprender que a violencia machista non é un problema privado, senón social, que require implicación e corresponsabilidade de todas e todos. No Instituto de Ensino Secundario Lagoa de Antela tamén comezamos a traballar co alumnado a importancia da construción de novas masculinidades nun contexto social cambiante.
No Centro de Día de Lodoselo tamén se quixo aproveitar o simbolismo que ten novembro para a prevención da violencia machista e incorporáronse á programación contidos específicos adaptados, como facemos sempre, ás capacidades, intereses e ritmos das persoas maiores porque sempre queren aprender e sempre nos queren ensinar.
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, a comunidade tamén tomou as rúas nunha andaina solidaria, un acto simbólico e colectivo que puxo de manifesto o compromiso da veciñanza para dicir alto e claro que a violencia contra as mulleres non ten cabida nos nosos pobos.
Estas accións completáronse con mensaxes pedagóxicos clave:
- O autocuidado é un dereito, non un luxo.
- A igualdade constrúese cada día, empezando polos pequenos xestos.
- Detectar a violencia machista é o primeiro paso para combatela.
- Educar en respecto, liberdade e corresponsabilidade salva vidas.
- O rural tamén é territorio de loita, sororidade e transformación.
Con este conxunto de iniciativas reafirmamos o noso compromiso cun presente e un futuro libre de violencia para todas as mulleres.
Estas actividades enmárcase dentro dos programas “Sembrando igualdad: contra la violencia oculta, invisible y normalizada en el medio rural”, promovido por COCEDER e financiado polo Ministerio de Igualdad e do programa ELAS, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias