Noticias
© CDR O Viso | 13/11/2025 | Sábados en familia: sementes
Sábados en familia: replantando o futuro
Homenaxeando á amabilidade como forza transformadora: Día mundial da bondade
13/11/2025
Hoxe é un día moi especial porque se celebra a bondade, a calidade que nos lembra que un xesto sinxelo pode ter un impacto enorme na vida de alguén. Un sorriso, unha palabra ou unha man estendida fan mellor o día de quen nos rodea. Fainos máis humanos; o que máis necesitamos é achegarnos uns a outros con comprensión e agarimo.
Celebramos o "Día Mundial da Bondade". Así se proclamou no ano 1998. Para render homenaxe á amabilidade como forza transformadora. Porque a bondade é a natural inclinación a facer o ben. A suma de pequenas accións capaces de mellorar a vida dun mesmo e dos outros.
Filósofos, científicos, psicólogos... coinciden en que o altruísmo forma parte da nosa natureza e cumpre un papel esencial na supervivencia das comunidades. Diversos estudos sosteñen que as accións solidarias estimulan áreas do cerebro vinculadas ó benestar e a felicidade. Os seres humanos aspiramos á bondade. A relación entre a bondade (cara os demais e cara un mesmo) e cada unha das dimensións da saúde (física, emocional, social, espiritual e ética) é cada vez máis evidente.

O pasado 8 de novembro celebramos unha xornada dos Sábados en familia; momentos de presenza, de auténtica conciencia incorporando a atención en sinxelos xestos cotiáns; nesta ocasión a recollida de sementes das nosas árbores autóctonas. Pequenos xestos que sementan grandes futuros.
Tras o desastre ambiental ocorrido durante o mes de agosto na provincia de Ourense, onde se perderon máis de 150.000 hectáreas de patrimonio natural por mor dos incendios, decidimos poñernos ao choio. Recollemos castañas e landras coa ilusión de que, dentro dun ano, estas pequenas sementes convértanse en árbores fortes. O noso obxectivo é plantar e doar estes novos exemplares ó Concello de Verín, un dos afectados polos incendios, contribuíndo así á recuperación dos nosos montes e á protección da biodiversidade.

Esta actividade forma parte dos programas Familia e Comunidade e Voluntariado Ambiental, financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF
Arquivada en:
Infórmate > Noticias