Noticias
© CDR O Viso | 11/11/2025 | Magosto 2025 5
Celebrando o que temos que celebrar, a vida
40 anos despois daquel magosto de 1985
11/11/2025
Este pasado venres pasamos unha xornada entrañable en Lodoselo. Xa pola mañá festexando o 40 aniversario no Centro de día; coa chegada tamén dalgúns dos participantes do Centro, ós que diariamente se lles leva o xantar á súa casa, que foron chegando para, neste día especial, xantarmos todos xuntos.
Despois fomos preparando todo para ás 17 h, como estaba programado, comezar. E, con moita xente, que de súpeto encheu os arredores do campo da Lama, fomos lembrando neste espazo da casa reitoral, a partires de vídeos e fotos, o día a día do CDR O Viso, algúns momentos destes 40 anos (os cinco primeiros como Asociación Cultural O Cruceiro) de acompañamento á xente do noso medio rural tratando de contribuír a unha mellora da calidade de vida. Con algo de morriña e mesmo, por momentos, tristura porque nas moitas fotos que colgaban había bastante xente que xa finou... E, non queremos esquecelos; si recordalos. E nesa tristeza tentarmos que sexa unha tristura elaborada, encaixada. Ó lado disto a vivencia gozosa de compartirmos estes anos e lembrar momentos ós que nos transportaban as fotos.
Moi ben acompañados... Gozamos moitísimo con el@s. Agradecer tamén a disposición do persoal laboral, voluntari@s e todas as persoas que fixeron posible esta xornada; a toda a xente que participou, ás autoridades que puideron e quixeron acompañarnos, ós que non puideron vir e nos fixeron partícipes do seu sentir... A tod@s, moitísmas grazas.

E, aquí seguimos... tentando aclarar as dúbidas que nos acompañan, recoñecendo os erros que cometemos (que revisando o cotiá procuramos remediar antes de que vaian a máis), crendo no proceso de pensar/aprender: algo que só está ó alcance das persoas humildes, das persoas ocupadas en agradecer; non en alardear. Facemos máis, si. Somos moita xente no CDR pero esta celebración é unha chamada máis a centrarnos, atender á tarefa, á atención amorosa que entraña captar o que necesita a outra persoa.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias