Noticias
© CDR O Viso | 01/10/2025 | Día de las personas mayores y logo 40 años
Sabías que... as persoas maiores saben que, quen, cando e como?
01/10/2025
Será porque quen domina a mensaxe é xente demasiado nova, demasiado simple, pero conseguiu ir metendo nas nosas cabezas mitos respecto das persoas maiores que non teñen xeito nin dereito.
Neste 1º de outubro, DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS MAIORES, pedímoslles axuda a quen máis sabe disto: as persoas maiores. Claudina, Manuel, Pilar e as dúas Josefas non tiveron reparo ningún en arremangarse —literal e metaforicamente— para combater uns prexuízos que non son máis ca un desafortunado disfrace da ignorancia.
• Que as persoas maiores non traballan? É que hai xente nova que nunca traballou.
• Que as persoas maiores son iguais que @s nen@s? Non tal. Temos sentido, a cabeciña está ben, somos coma os demais.
• Que as persoas maiores xa non deciden? Eu prefiro facer a miña vida. Se tes a cabeza ben, non hai razón para non tomar decisións.
• Que as persoas maiores prefiren recluírse en si mesmas? Mira, unha persoa soa non é nada. A veciñanza é boa.
• Que as persoas maiores non queren selo? É lei de vida. Chegar a maior non chega todo o mundo. É un orgullo, un pracer chegar a onde cheguei.
As persoas maiores teñen (case) todo vivido e todo por contar. Contamos con elas.
Esta actividade forma parte do programa Unidos na diversidade, construíndo Comunidade, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7 % do IRPF.

Enlace ó vídeo:
https://www.youtube.com/shorts/j-43yeu5mTs

Arquivada en:
Infórmate > Noticias