Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/09/2025 | En Radio Ourense 2

As artífices máis fantásticas de “Sabores e Saberes: receitas da nosa Limia” estiveron presentándoo en Radio Ourense

20/09/2025

Hoxe tivemos a ledicia de estar en Radio Ourense presentando o recetario “Sabores e Saberes: receitas da nosa Limia”.
Un libro que nace da maxia de ver a quen poucos ven, de escoitar a quen poucos escoitan e de crer en quen poucos cren.
Un proxecto feito desde o querer facer, querer ser e querer estar con…
Fixemos visible o invisible.
O máis fermoso é que a súa orixe foi xusto ao revés do que semella: partiu do máis íntimo e persoal de cada protagonista, para abrirse despois á comunidade. As receitas compartidas son o reflexo da riqueza culinaria e cultural da Limia.
Porque vivir en comunidade fainos máis fortes, pero… que facemos para achegar a quen “ninguén ve”, a quen vive na soidade, a quen xa sufriu rexeitamento ou simplemente errou?
Este libro foi a desculpa para romper a soidade, descubrir capacidades, traballar en equipo e experimentar o valor sanador da vida comunitaria.
Grazas infinitas a Lourdes S., Xiana, Lourdes A., a Miriam e a Guadalupe por este camiño tan difícil e tan fermoso. E á A. Ourensividade (Ana López H. e Pablo G. Vivanco, dietistas nutricionistas), ó Programa de Maiores no Rural de Cáritas... Pero, sobre todo, ás mulleres da Limia, a todas as persoas que nos abriron as súas portas. 
Grazas ó CDR O Viso por sosternos, a María que nos acompañou hoxe pola súa deliciosa receita de empanada e a Cristina e Flor por regalarnos voz.
Aquí o enlace para escoitar o programa
Aquí o enlace para acceder ó libro en pdf 

Esta actividade forma parte do programa Capacidade Inclusiva, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias