Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 23/09/2026 | CONCILIA_ANEXO FOTOGRAFICO web 1

Reivindicamos a necesidade da Conciliación na Limia

Outra máis que segue a aumentar

23/09/2026

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso conclúe, a través da execución de diferentes acción de conciliación, que as necesidades das familias rurais en materia de conciliación está en aumento, o que require de respostas eficaces.
Tras pechar un verán que ofreceu 160 prazas no seu campamento cun 100% de ocupación, desenvolveu outra acción de conciliación en horario matutino na primeira semana de setembro que, unha vez máis, completou o seu aforo.
Esta dinámica confírmase no servizo Madruga que se desenvolve nos CEIP de Sarreaus e Sandiás, organizados polas Asociacións de Nais e Pais das escolas, no que supón a cuarta e terceira edición respectivamente. Esta acción de conciliación matutina garante ás familias limiás unha oportunidade para atender ás responsabilidades laborais, ou doutra índoles, e asegura o coidado das dúas fillas e fillos.
Resáltase tamén o aumento de familias de orixe latinoamericana, venezolana na súa maioría, reflexo dos movementos sociais que xa se teñen comprobado noutros contextos.
O CDR entende o servizo de conciliación coma unha oportunidade para aprender dende o xogo e a relación baixo o seu lema “Coidarme, coidarte, coidarnos”, tendo de referencia o coidado mutuo que unha comunidade viva ofrece entre si.
Esta actividade forma parte do programa Concilia Rural, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias