Accesibilidad

Noticias 

A mirada que atribúe tenrura e importancia

CDR O Viso, la tesis que convierte en ciencia 40 años de una utopía rural

27/07/2026

Este domingo 26 de xullo o Faro de Vigo publicaba esta nova CDR O Viso, la tesis que convierte en ciencia 40 años de una utopía rural -.  Graciñas Mª Esther Pérez Enríquez, Isabel Mociño e X. M. Cid. Unha vez máis alimentando a comunidade. Permitíndonos re-coñecernos, sosternos, tolerar a mutua fraxilidade.
A memoria do que fomos que non é só coñecer os feitos, é tratar de comprender como o viviron os que estaban alí.
Rescatando a memoria máis humilde, o coñecemento específico local froito do saber (tamén o herdado) e da observación atenta, paciente, plena.
Porque a memoria é cambiante; o presente vai modificando de algún xeito o pasado, actualízao, reconstrúeo. “Memoria fermentada” dicimos como explicación á imaxinación coa que a veces nos eloxian. Á súa maneira xa o dicía S. Agustín: o pasado e o futuro existen só na alma.
Pero non quedemos atrapados na lembranza e avancemos sen borrar o que tan importante foi para algúns de nós. Ese equilibrio será o nutrinte que garanta seguir conquistando utopías realizables porque o que é necesario farémolo posible, entre todas e todos.
Traballar no CDR non é adherirse a un credo, é un acto de atención total á realidade, pensando o que un vive e vivindo o que un pensa, compartindo (acougo, responsabilidade). Miralo como tarefa e non só como patrimonio porque a súa identidade non admite respostas definitivas e si interrogarse (formación permanente), acreditar co traballo cotiá a misión que compartimos.
 
https://www.farodevigo.es/ourense/2026/07/26/cdr-o-viso-tesis-convierte-132494661.html
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias