Noticias
© SGXX | 28/04/2026 | SGXX logo
LongeviLab: Proxecto de aprendizaxe para a lonxevidade, unha actividade de intercambio e aprendizaxe para un envellecemento lonxevo e saudable
Este próximo xoves, 30 de abril, chega a Lodoselo
28/04/2026
LongeviLab: Proxecto de aprendizaxe para a lonxevidade, é unha actividade de intercambio e aprendizaxe para un envellecemento lonxevo e saudable. Este próximo xoves, 30 de abril, chega a Lodoselo. Participan persoas maiores de Costa Rica, Arxentina e España. Entre os obxectivos está a inmersión en estilos de vida superlongeva e saudable, coñecer formas de vida con evidencia científica de superlonxevidade, compartir con persoas locais a súa referencia sobre hábitos de vida, aproximarse a estilos de alimentación e actividade física vinculados á lonxevidade saudable...
Entre as actividades figura un encontro científico no campus de Ourense -Universidade de Vigo- para falar de Lonxevidades e estratexias de saúde ( D. Miguel Angel Vázquez-Vazquez) e Lonxevidade en Galicia. Investigacións e resultados (Jose María Failde Garrido).
O progama na nosa provincia seguirá analizando estilos de vida e historias de vida de persoas superlonxevas co documental: Vida en Ourense desde outro século. Máis de 90 historias de vida. Presentado polo seu director D. Rubén Riós que participará no coloquio posterior con D. Miguel Angel Vázquez-Vázquez para acabar o día 29 cunha experiencia termal en Prexigueiro (Rivadavia) e en Ourense Sentir a cidade (Centro histórico).
E finalizará o xoves 30 de abril cun Intercambio cultural por terras de Celanova, lugar de centenarios coa observación da Feira, a visita á Vila e ó Mosteiro (Contacto co ámbito local e interacción con persoas maiores, participación de xantar popular na feira).
Para chegar a Lodoselo sobre as 13h e posibilitarlles seguir analizando estilos de vida rural ourensá visitando os espazos, os programas, accións e práctica interxeracional desenvolvida polo CDR O Viso como un ecosistema de coidados que proporciona a comunidade; con algúns convencementos entre os que está que o máis imprescindible é a relación cos demais, coa contorna; relacións naturais e próximas nas que nos recoñecemos e identificamos co territorio; que habitamos paisaxes que son a expresión de nós mesmos.
Arquivada en:





