Accesibilidad

Noticias 

© EAPN | 17/04/2026 | Cartel Seminario EAPN

Participamos no Seminario web da EAPN

No panel de boas prácticas achegando algunhas aprendizaxes de Biocoidados

17/04/2026

Onte, 16 de abril, celebrouse o Seminario web ‘Desinstitucionalización: Claves para avanzar cara a autonomía persoal’ no que participaron profesionais do eido académico e do Terceiro Sector de Acción Social.
 
No marco deste acto presentouse o documento Desinstitucionalización: Aprendizaxes, retos e propostas para un modelo de autonomía persoal das persoas que viven situacións de dependencia, vulnerabilidade ou exclusión, que incluía como unha das principais propostas a elaboración dunha Estratexia galega de desinstitucionalización.
 
Estivemos no panel ‘Boas prácticas das entidades sociais nos procesos de desinstitucionalización’ no que catro entidades de acción social que formamos parte de EAPN puidemos pór en común as aprendizaxes e boas prácticas mediante a presentación dalgúns dos programas que se desenvolveron no eido da desinstitucionalización. Traballos para o fomento da autonomía persoal dende un enfoque de dereitos: Inés Mosquera de Dano Cerebral Galicia presentando o programa de Asistencia Persoal (Proxecto Rumbo), Maica Álvarez de Lenda Saúde Mental presentando o Pontes de Inclusión, Alba Lorenzo de Igaxes presentando Programa Mentor e Antonio R. Corbal de CDR O Viso presentando Biocuidados de COCEDER.
 
https://eapn-galicia.com/seminario-web-desinstitucionalizacion-claves-para-avanzar-cara-novos-modelos-de-autonomia-persoal/
 
Aquí o Seminario completo na canle de YouTube da EAPN : https://www.youtube.com/watch?v=zUScpqZTLjU&t=4s


 


 
 

Arquivada en: