Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 17/04/2026 | Cddía Formación

Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural

17/04/2026

O proxecto “Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural” volve ó seu camiño cun propósito claro: acompañar ás persoas que coidan, recoñecendo o valor do seu labor e a necesidade de que tamén elas sexan coidadas.
Nun contexto no que o coidado das persoas maiores recae, en moitas ocasións, sobre as familias e especialmente sobre as mulleres, esta iniciativa pon o foco non só na atención ás persoas dependentes, senón tamén no benestar de quen as acompaña no día a día.
O obxectivo principal do proxecto é capacitar e dotar de ferramentas ás persoas coidadoras, ofrecéndolles recursos prácticos para o coidado, pero tamén para algo igual de importante: o autocuidado. Porque coidar non debería significar esquecerse dunha mesma.
A través de sesións formativas e espazos compartidos, promóvese a reflexión arredor dunha idea fundamental: coidarme, coidarte, coidarnos. Un equilibrio necesario para que o coidado sexa sostible no tempo e non se converta nunha carga que desgaste.
Este proxecto busca, ademais, crear redes de apoio no rural, onde compartir experiencias, sentirse acompañadas e atopar comprensión. Porque cando o coidado se comparte, tamén se fai máis levadeiro.
Con esta iniciativa ábrese un espazo para aprender, pero tamén para parar, escoitarse e lembrar que para coidar ben, tamén é imprescindible coidarse.
Esta actividade forma parte do programa Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias