Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 16/04/2026 | Orientación laboral e formación (infografía)

Orientación laboral e formación

Buscas emprego ou queres mellorar as túas oportunidades laborais?

16/04/2026

No C.D.R. O Viso acompañámoste no teu proceso de inserción laboral a través dun servizo de orientación personalizado, adaptado ás túas necesidades e obxectivos.
Ofrecémosche apoio en diferentes ámbitos:
• Elaboración ou mellora do teu currículo
• Preparación de entrevistas de traballo
• Acompañamento na busca activa de emprego
• Asesoramento sobre formación e itinerarios profesionais
Ademais, contamos con cursos en áreas con saída laboral como limpeza, atención á clientela, xestión de almacén ou transporte escolar.
Se non dispoñemos do curso que mellor se adapte ao teu perfil, orientámoste cara a outras academias da zona coas que colaboramos, facilitando así o acceso á formación que precisas.
Infórmate sen compromiso e dá o primeiro paso cara o teu futuro laboral. Estamos aquí para axudarche.
No CDR O Viso, continuamos traballando por e para a inclusión no medio rural no marco do Programa de itinerarios integrais contra o despoboamento rural e a inclusión social concedidos a COCEDER, enmarcados no Programa Estatal de FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021ES05SFPR003). Son gratuítos, cofinanciados pola Unión Europea e a Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do Imposto de Sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias