Noticias
© CDR O Viso | 20/02/2026 | UE, MInisterio, Coceder
Recibimos en Lodoselo a 3 auditores da UE que están en España revisando os fondos do PRTR
A finalidade era coñecer a experiencia de Biocoidados no territorio
20/02/2026
Este xoves, 19 de febreiro, recibimos en Lodoselo a 3 auditores da Unión Europea que están en España revisando os fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). Esta semana tocáballes auditar a xestión dos fondos realizada polo Ministerio de Dereitos Sociais e achegáronse a coñecer in situ o proxecto Biocoidados a Lodoselo. Acompañáronos Berta González Antón, asesora do Gabinete da Secretaría de Estado e Ignacio Bolea, Subdirector Xeral de Promoción do Terceiro Sector e do Voluntariado do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e unha persoa do Ministerio de Facenda.
Tamén tres persoas do equipo técnico de COCEDER (Mariola, Mª Jesús e José Luis) que nos comunicaban o interese de traelos a Lodoselo e facelos partícipes da nosa experiencia. Indicárannos que se trataba dunha visita técnica, non de carácter administrativo. E preparámola conxuntamente. A finalidade era coñecer a experiencia de Biocoidados no territorio. Por que Lodoselo e o CDR O Viso?
Polo seu impacto no desenvolvemento de evidencias e achados relacionados coas solucións innovadoras de Biocoidados. Tamén pola efectiva xestión técnica e económica do proxecto así como a continuidade dos servizos despois da finalización do proxecto, con colaboracións, que fixeron posible dalgún modo a continuidade.
Contamos tamén coa presenza do Director Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade en Ourense, Santiago Álvarez González, como colaboradores que apoiaron antes Biocuidados e agora “Sostendo a vida en comunidades rurais”, como un proxecto que capitaliza a experimentación de Biocoidados e consolida e escala accións e iniciativas innovadoras de impacto social que fomentan o acceso ós servizos no medio rural dentro do colectivo de persoas maiores, como un proceso necesario e clave para impulsar estes ecosistemas cara a política pública.
Empezamos a xornada recolléndoos na estación de Renfe en Ourense e aproveitamos a viaxe para situalos no país dos mil ríos, nestes días cheos de auga, e guiar a súa mirada ó noso territorio e á nosa xente do medio rural. Xa en Lodoselo puideron ver a actividade dunha xornada no Centro de día, os servizos de proximidade así como escoitar os testemuños de Xiana, Susana, Ambrosio... as achegas de Mª Jesús, Guadalupe, Helena, Carmen... E percorremos o espazo sensorial guiados por Pili e Eloi. Tamén A túa outra casa -a vivenda comunitaria tutelada-, a casa reitoral, a contorna... Para acabar comendo e recollendo unhas primeiras impresións á espera doutras propostas de mellora que nos fagan chegar.
Agradecemos a visita. Agradecemos a súa actitude, a súa atención plena, a sintonía da súa presenza que sentimos afectuosa. Sabernos recoñecidos, ser vistos, rescata o traballo silencioso que sostén os territorios; e analizar, revisar, corrixir, tentar ler correctamente o que imos facendo para aprender, mellóranos. Grazas, moitas grazas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias