Noticias
© CDR O Viso | 18/02/2026 | Visita Museo Entroido 2026 web
O Entroido como memoria viva: dende o CDR O Viso organizámonos para non esquecer.
Un legado que une, que educa e que constrúe comunidade
18/02/2026
No marco do proxecto Comunidades Inclusivas, o CDR O Viso organizou unha visita ao Museo do Entroido Galego, en Xinzo de Limia, que vén de reabrir as súas portas como espazo de referencia para a posta en valor dunha das tradicións máis fondas e identitarias da cultura galega.
O Entroido non é só unha festa: é memoria colectiva, é resistencia cultural e é comunidade. Especialmente no rural galego, onde se orixinou e se mantivo vivo xeración tras xeración, o Entroido foi —e segue a ser— unha ferramenta de expresión popular, de crítica social, de cohesión veciñal e de celebración compartida. Coñecer a súa historia é tamén coñecer quen somos como pobo.
As veciñas e veciños de Cortegada e Folgoso demostraron que a participación comunitaria segue a ser unha realidade viva cando hai vontade colectiva. Foron elas e eles quen se organizaron para asistir á visita, xestionando de maneira colaborativa os medios de transporte e asegurando que todas as persoas interesadas puidesen participar, incluídas aquelas máis maiores da aldea que non conducen ou teñen maiores dificultades de mobilidade. Un exemplo claro de inclusión real, feita desde abaixo e coidando de non deixar a ninguén atrás.
Esta actividade pon de manifesto a importancia de crear espazos accesibles para achegar o patrimonio cultural a toda a cidadanía, sen importar a idade, o lugar de residencia ou os recursos dispoñibles. Apostar polo coñecemento do noso pasado é unha maneira de afrontar o futuro con máis ferramentas, máis identidade e máis forza colectiva.
Reivindicar o Entroido é reivindicar o rural, as súas xentes e as súas formas de vida. É recoñecer que estas festividades non son só folclore, senón un legado que une, que educa e que constrúe comunidade. Desde o CDR O Viso seguimos a traballar para que a cultura sexa un dereito compartido e non un privilexio, e para que iniciativas como esta sigan fortalecendo os lazos que nos fan pobo.
O proxecto de innovación social “Comunidades inclusivas: solucións innovadoras de coidado e apoio no medio rural” é unha operación do Ministerio de Traballo e Economía Social no marco do Programa estatal do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) “Inclusión social, garantía infantil e xuvenil e loita contra a pobreza”, impulsado por Coceder e cofinanciado pola Unión Europea, e financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF. Comisión Europea en España Eusocial Coceder.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias