Noticias
© CDR O Viso | 08/02/2026 | Traballo feito tvg
Tamén somos o efecto que os espazos que habitamos teñen sobre nós
A comunicación como recoñecemento cara a nosa marca
08/02/2026
Para este sábado, 7 de febreiro, avisáronnos que ía saír o Centro de Día Lodoselo nun programa da TVG: Traballo feito. Lembramos entón que fora aló pola metade de setembro que viñeran pasar aquí un día con nós e que estaban gravando uns programas que aínda non se comezaran a emitir. Sen case referencias animámonos e dixémoslle que si.
Traballo Feito! O programa no que @esther.estevez e @gabiiig8 nos acompañaron e competiron por ser os mellores.
E onte fomos observadores de nós mesmos. Non foi o mellor día porque foi un día de andar de présa, apurados... e sabemos que xusto a atención plena é contraria a iso. Ademais tanto en Lodoselo, coma en algúns pobos máis de por aquí, non se puido ver directamente na tele porque estabamos sen luz. Deseguida circulou o enlace e ese contratempo quedou niso. E comezamos a recibir mensaxes. Sorprendidos porque non só eran de xente que está en Galicia.
Manifestando asombro, simpatía e mesmo admiración. Falando de fama, prestixio. Respecto... que hai que gañalo porque non todos os comportamentos merecen ser respectados. Entraña unha maneira de facer as cousas, de actuar e de relacionarnos cos demais. Si, os recoñecementos fannos sentir unha inmensa satisfacción e á vez incrementan a nosa responsabilidade. Porque o que existe sempre pode ser mellorado. A calidade non é un estado conseguido senón un proceso de cambio e busca permanente; velaquí unha das orientacións básicas da nosa organización.

E a ética do traballo. O traballo como unha ferramenta para a vida e coas súas condicións axeitadas contribuíndo ó desenvolvemento digno da mesma.
Porque non somos só o que facemos, tamén a forma en que nos contamos o que facemos; as palabras falan, din... moito máis do que cremos, e tamén fan. A importancia de aprender a relatarnos.
Aquí o enlace
https://www.agalega.gal/videos/315902-centro-de-desenvolvemento-rural-o-viso

E o agradecemento a todas as persoas que fixeron posible este “traballo feito”; tamén a todas as persoas participantes porque poñerse diante das cámaras non é algo doado para moitos de nós. Graciñas. Porque a gratitude, a memoria da alma, é un dos pilares do ben ser e do ben estar.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias