Noticias
© CDR O Viso | 02/06/2026 | Pobo escola 2026
O Pobo Escola segue coas portas abertas en Lodoselo
Educación, vida e sementes de futuro
01/06/2026
Nin a choiva puido coa ilusión. O CDR “O Viso” desenvolve unha nova edición de Pobo Escola, que na primavera, se atendemos ó número, transforma a aldea de Lodoselo nunha aula viva onde o alumnado, na súa maioría da provincia de Ourense, aprende o valor do rural, o respecto pola natureza e a importancia do coidado humano.
Malia o tempo inestable da semana pasada, o arranque foi todo un éxito. Nenos e nenas de diversos centros educativos xa comezaron a encher de vida as nosas rúas, compartindo espazos e experiencias coas persoas que habitan o noso Centro de Día e a Vivenda Comunitaria, creando esa maxia interxeracional que tanto nos define. As ovelliñas de Lodoselo xa estaban impacientes por recibir eses agarimos das máis pequenas, esas manciñas ofrecéndolles anaquiños de pan.
Durante estas xornadas, as nenas e nenos convértense en protagonistas do día a día no pobo. O programa de actividades non deixa espazo para aborrecemento. Dende o contacto real e significativo cos animais: as ovellas, as aves, a Muma e o Eo e tamén a burriña Terra. Non se pode esquecer o forno onde tantas veces amasamos ca Rosa e as crianzas descobren a experiencia de elaborar pan artesán que logo levan para a casa.
Ademais, a través dos obradoiros sostibles, as crianzas aprenden a facer papel reciclado, crean "bombas de sementes" para reverdecer o mundo, plantamos árbores nun brick para deixar pegada e mergullámonos na literatura co conto do Carballo con botas.
É necesario destacar que este ano estamos de estrea. Inauguramos o noso Banco de Sementes na Casa da Memoria, un espazo simbólico e vital onde os diferentes colexios poden intercambiar sementes, garantindo que a biodiversidade e o coñecemento agrícola sigan viaxando de man en man, apostando pola soberanía alimentaria e por un desenvolvemento sostible.
Ademais, para fomentar a responsabilidade, puxemos en marcha o "Porcómetro". Trátase dun sistema de medición que avalía o coidado, a limpeza e o civismo de cada grupo visitante, establecendo un ranking que motiva ás escolares a deixar o entorno igual ou mellor de como o atoparon.
Queremos agradecer a participación dos primeiros colexios que xa pasaron por aquí nesta tempada e a todos os que están por vir.
Agardámosvos en Lodoselo, onde o pobo é a mellor escola! E lembramos o estupendo libro do Joaquim Marques "A escola é o melhor do povo" – no que esta expresión consagra, na polisemia que a lingua portuguesa permite, unha doble resonancia - a escola é o mellor das persoas, porque nela están as crianzas e elas son "o melhor do mundo" (Fernando Pessoa), a promesa da renovación e do rexuvenecemento social en comunidades envellecidas e ameazadas de despoboamento. E ó tempo, a escola é tamén o mellor da poboación porque, nas pequenas aldeas, dos poucos servizos públicos, a imaxe da presenza dun interese colectivo, aínda un recurso físico, material, para a acción colectiva, reunións, etc.
Esta actividade forma parte do programa O Noso Espazo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en: