Noticias
© CDR O Viso | 29/05/2026 | Mesas en altura. Transplantando 2026 web
A importancia de vivir nunha contorna que alimente a nosa identidade
Conectados coa terra, as sementes... Desenvolvendo a vida
29/05/2026
Xa estamos no tempo de preparar a horta e, por iso, en Lodoselo continuamos mans á obra. https://www.instagram.com/reels/DYzJLlqt1_n/
Esta actividade é unha das nosas favoritas, xa que permite conectar cunha tarefa moi familiar e significativa. A través dela traballamos a motricidade, a coordinación, a estimulación cognitiva, a autonomía e o traballo en equipo, ademais de gozar dun tempo ao aire libre que desfrutamos moitísimo.
Os bancos de cultivo elevados permiten crear un espazo totalmente accesible, facilitando a participación de todas as persoas dunha maneira cómoda e segura.
Agora toca coidar, regar… e ver medrar todo o que sementamos e transplantamos con tanta ilusión.
Esta actividade forma parte do Proxecto para a recuperación, recolección e almacenaxe de sementes de variedades autóctonas da comarca da Limia, financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias





