Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/05/2026 | Copia de BASE_foto vertical IG X Solidaria 2025_laureis (1) web

Apoiando proxectos que melloran a vida das persoas da nosa contorna

A #XSolidaria na túa declaración da renda

18/05/2026

Cando marcas a #XSolidaria na túa declaración da renda, estás apoiando proxectos que melloran a vida das persoas da nosa contorna 
Grazas a este pequeno xesto, entidades como LIMISI poden seguir desenvolvendo programas como Independízate, axudando a que máis persoas con diversidade funcional poidan vivir pola súa conta e con maior autonomía.
Tamén o C.D.R. O VISO pode continuar levando o seu servizo Xantar no Fogar ás casas das persoas que máis o necesitan, achegando moito máis ca comida: compañía, coidados e apoio no día a día.
Detrás de cada X marcada hai proxectos reais, persoas reais e unha comunidade máis xusta e solidaria.
Marca #FinsSociais na túa renda e forma parte de #ElGestoLegendario
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias