Noticias
© CDR O Viso | 12/05/2026 | Visita Museo da Limia
Visita cultural ó Museo da Limia para poñer en valor a memoria da comarca
Coa participación dos grupos de Cortegada e Folgoso (Sarreaus)
12/05/2026
Hai uns días, o CDR O Viso organizamos unha visita cultural ao Museo da Limia, situado en Vilar de Santos, coa participación dos grupos de Cortegada e Folgoso. A actividade permitiu ás persoas asistentes achegarse á historia da comarca e recuperar parte da memoria colectiva a través das experiencias e recordos compartidos.
Durante a xornada, as persoas participantes descubriron como era a vida cotiá noutras épocas, coñecendo de preto a importancia que tivo a Lagoa da Antela na organización social, económica e cultural da zona. A visita serviu tamén para reflexionar sobre o valor da sabedoría popular e do legado transmitido de xeración en xeración, tanto a través das lendas como das tradicións e costumes.
Un dos momentos máis enriquecedores da actividade foron as achegas das propias persoas participantes, moitas delas testemuñas directas daquela época. Compartíronse numerosos recordos arredor da lagoa, especialmente por parte de quen aínda a conserva na memoria da súa infancia, achegando vivencias persoais que deron vida aos contidos do museo e converteron a visita nun auténtico espazo de diálogo interxeracional.
Ademais, tamén se puxeron en valor distintos oficios tradicionais, como as tecedoiras, os ferreiros ou os canteiros, fundamentais na identidade cultural da comarca. Do mesmo xeito, as persoas asistentes puideron coñecer mellor os costumes, rituais e formas de vida propias da Galicia das décadas dos anos 20 ata os 60.
Dende o CDR O Viso queremos expresar un especial agradecemento ao Concello de Vilar de Santos pola súa colaboración e por abrir as portas do museo para facer posible esta experiencia tan significativa.
Actividades como esta contribúen a conservar e poñer en valor o noso patrimonio, reforzando a importancia de coñecer, respectar e transmitir a memoria da nosa comunidade.
O proxecto de innovación social “Comunidades inclusivas: solucións innovadoras de coidado e apoio no medio rural” é unha operación do Ministerio de Traballo e Economía Social no marco do Programa estatal do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) “Inclusión social, garantía infantil e xuvenil e loita contra a pobreza”, impulsado por Coceder e cofinanciado pola Unión Europea, e financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias