Noticias
© CDR O Viso | 30/03/2026 | 31 de marzo do 2026 Convocatoria
O CDR O Viso conmemora o día europeo contra o despoboamento
31 de marzo: Revolta da España Baleirada
30/03/2026
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, na súa liña de compromiso coa sensibilización sobre a realidade do rural e coa dinamización comunitaria, participa un ano máis na convocatoria do 31 de marzo promovida pola Revolta da España Baleirada. Esta data, xa consolidada no calendario reivindicativo, busca facer visible a situación que atravesan os pobos, afectados polo despoboamento, a perda de servizos e os cambios acelerados nos modos de vida.
Co obxectivo de recuperar espazos de encontro e reforzar o sentido de comunidade, en Lodoselo tocaranse as campás como símbolo de alerta polo futuro da comarca, e xuntarase xente maior de diferentes localidades da Limia. A actividade permitirá un intercambio pausado e valioso, no que as persoas participantes poidan socializar, compartir experiencias e analizar colectivamente os desafíos que afectan ao territorio.
A experiencia vital da xente maior supón unha fonte de coñecemento imprescindible para identificar as transformacións do rural, avaliar o impacto real do despoboamento e reflexionar sobre as perspectivas de futuro. O CDR considera que estas voces, habitualmente silenciadas nos procesos de planificación territorial, deben formar parte central da lectura que se fai da comarca e das alternativas que se poidan construír.
A previsión é continuar promovendo espazos de diálogo que permitan comprender mellor as necesidades da poboación, reforzar a autoestima comunitaria e apoiar a defensa dun rural vivo, cohesionado e con oportunidades. O CDR O Viso mantén o seu compromiso de seguir traballando en rede cos pobos da Limia, contribuíndo a crear ámbitos de participación e a fortalecer unha visión compartida sobre o futuro da comarca.
O programa de sensibilización e concienciación sobre o despoboamento e a necesidade de emprendemento no medio rural, impulsado por COCEDER, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, dentro dos programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF. Ademais, o programa de vivenda rural, proxectos piloto para a súa liberación e rehabilitación, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para a realización de actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible de España.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias