Accesibilidad

B.4- Espazo Rural para a Igualdade e a Muller

B.4- Espazo Rural para a Igualdade e a Muller
ELAS: Empoderamento, Liberdade, Autoestima, Sororidade

Desde - Hasta: 24/01/1994 - Actualmente

A igualdade de oportunidades no Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” lévase traballando dende a constitución da entidade ata a actualidade de xeito transversal e implícito en calquera programa ou actuación. Ademais, dende o programa “ELAS: EMPODERAMENTO, LIBERDADE, AUTOESTIMA, SORORIDADE” dámoslle continuidade ós servizos e actividades específicos da entidade a prol da igualdade no rural limiao:
1. INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN, ASESORAMENTO E APOIO: servizo permanente de acollida, apoio, orientación a mulleres en situación de vulnerabilidade na comarca da Limia. Nalgúns casos, o CDR faise cargo da xestión, do cargo económico e do acompañamento nos casos en que a muller non ten familia ou rede de apoio e ten que saír do domicilio, atopándose cunha soidade durísima, insoportable e inxusta para ela. Acompañamos ás mulleres á Garda Civil, acompañamos ás mulleres no momento do xuízo e acompañamos ás mulleres ata que non teñen praza na casa de Acollida.
2. OBRADOIROS DE APODERAMENTO DA MULLER RURAL: Lévanse a cabo actividades de autocoñecemento, comunicación non violenta, habilidades sociais, cooperación, fomento da incorporación da muller á actividade asociativa...
3. OBRADOIROS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE INTEGRAL: Lévanse a cabo obradoiros sobre a saúde física, mental e emocional… e de reflexión sobre a sexualidade e diversidade de xénero.
4. CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN: actividades de grande difusión ou de conmemoración de días específicos. 8M (día internacional da Muller), 15O (dia internacional da Muller Rural), 25N (día internacional para a eliminación da violencia machista).