Noticias
© Consejo General de Trabajo Social | 20/09/2023 | XII Jornadas estatales Trabajo Social Burgos
Participaremos nas XII Xornadas Estatais de Servizos Sociais en Contextos Urbanos e Rurais
No espazo de presentación de boas prácticas de traballo comunitario
20/09/2023 | Burgos
O CDR O Viso participará nas XII Xornadas de Servizos Sociais en Contextos Urbanos e Rurais. Será no Fórum Evolución Humana (Burgos) os días 20 e 21 de outubro deste 2023. Organizadas polo Consello Xeral de Traballo Social, en colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Burgos e a Federación Española de Municipios e Provincias, máis de 400 profesionais abordarán o presente e o futuro dos servizos sociais municipais. O convite foi feito no mes de xuño.
A nosa intervención será na tarde do primeiro día, no Espazo de presentación de boas prácticas de traballo comunitario. Xunto a outras dúas experiencias, o “Proxecto RuralCare” que presentará a xefa de servizo de Atención a Maiores e Prevención da Dependencia da Junta de Castilla y León e os “Protocolos para a intervención social no ámbito municipal (PISAM)” que presentará o xefe de Sección de SIVO (Concello de Badaxoz), estará a nosa como mostra de Proxectos de atención á comunidade desde a proximidade.
Baixo o título "Traballo social crítico, xerador de vínculos e redes relacionales comunitarias para a transformación social", as xornadas pretenden ser un espazo de reflexión e exposición de experiencias comunitarias en intervención do traballo social en contextos rurais e urbanos.
https://www.jornadasserviciossociales.es/programa
Os dous eixos principais, xunto á perspectiva de xénero como eixo transversal, nos que se centrarán as exposicións serán a presentación do Modelo do Sistema Público de Servizos Sociais que defende o traballo social e o retorno ao ámbito comunitario como nivel necesario da intervención do traballo social desde a contorna urbana e rural
O programa destas Xornadas proponse en base á consolidación dun modelo de xestión e intervención en todo o territorio baseado na proposta do novo modelo do Sistema Público de Servizos Sociais exposto desde o Traballo Social, a reflexión sobre as diferenzas en ambos os contextos (o rural e o urbano) e os retos de futuro que afectan ou afectarán á xestión dos Servizos Sociais e á intervención dos/as profesionais do Traballo Social, ou a importancia de traballar en rede para unha abordaxe integral tanto no medio rural e urbano expoñendo alternativas que xorden na contorna para reforzar as carencias de medios, e á reivindicación das consecuencias das interferencias políticas na práctica profesional afectando á cidadanía.
Estas Xornadas, queren dar visibilidade ao liderado das/os profesionais nos diferentes contextos, xa sexa reflexionando sobre a supervisión, o mentoring ou a intervisión, así como coñecer boas prácticas do traballo social nos Servizos Sociais en municipios pequenos e do medio rural, que tendo moi presentes as dificultades da contorna, utilizaron as súas potencialidades para ser protagonistas de boas prácticas.
Como punto final, as Xornadas contarán con algúns espazos de esparexemento para as/os participantes destinados a coñecer a riqueza cultural da cidade de Burgos.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias