Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 31/08/2023 | Mejoras tecnológicas. Comedor

Seguimos introducindo melloras tecnolóxicas nos ámbitos do noso traballo e servizos

E posibilitando unha contorna tranquila que fomenta os afectos

31/08/2023 | A Limia

Grazas ao plan de  Transformación Dixital estamos empezando a modernizar algúns dos sectores do CDR onde temos detectado maior necesidade, co fin de reducir o tempo que se precisa á hora de controlar algúns aspectos relacionados cos servizos de Comedor Social e Xantar a Domicilio.
Para isto, nunha primeira fase de desenvolvemento, o noso equipo informático ideou un novo sistema de traballo baseado nun ficheiro que automatiza o control das comidas a domicilio que un usuario desfruta durante o mes, para que sexa o propio programa o que calcule cuotas e tramos sociais segundo uns criterios previamente introducidos. Calculamos, así, reducir arredor dun 80% o tempo invertido nesta tarefa antes da implantación deste sistema.
E que este tempo, porque somos tempo e espazo, nos permita cultivar o hábito da calma para adquirila. Desenvolver esa habilidade sabedores de que aproveitamos o tempo cando o vivimos, cando o gastamos naquilo que nos gusta. Porque esa tranquilidade persoal vai posibilitar a creación dese clima de tranquilidade colectiva no que calquera persoa se comporta mellor; esa contorna tranquila que fomenta afectos: alegría, admiración, coidado, compasión, amizade, confianza, respecto, entusiasmo, consideración. 
Por isto seguimos apostando; de aí o de seguir introducindo melloras, nos ámbitos do noso traballo e servizos, onde máis fenda tecnolóxica atopamos, algúns elementos que poidan resultar beneficiosos no día a día das nosas traballadoras e traballadores a través das innovacións actuais.
«O Programa de Transformación Dixital para o Desenvolvemento Integral no Medio Rural está promovido por COCEDER, vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Secretaría de Estado de Dereitos Sociaia do Ministerio de Dereitoa Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.»

Arquivada en:
Infórmate > Noticias