Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 17/04/2023 | El CDR en la Copa Ocra Race

Esforzo, aire libre e equipo

O CDR na Copa Ocra Race

17/04/2023 | Xinzo de Limia

Así nos poderiamos definir no CDR O Viso e tamén se podería definir o evento deportivo que onte, domingo, houbo en Xinzo. Unha manchea de deportistas de tódolos niveis, tódalas idades e tódalas procedencias, participaron na Copa Ocra Race, unha carreira de obstáculos que na súa modalidade máis popular trouxo equipos de toda Galicia para pasar o día aquí.

E quixemos estar para apoiar o deporte e a vida que se dá arredor del. Estivemos toda a mañá no Toural para axudarlle á organización e para ensinarlle á xente unha parte do CDR, especialmente a que ten que ver co xogo tradicional e interxeracional.
Levamos connosco o “queixo bretón” para poñer a proba a paciencia e o tento, “a caixa do tacto” para descubrir coas mans, a “ra” e os “aneis” para practicar a puntería e os “zancos” para o equilibrio ó andar neles.
Serviunos tamén para ensinar algunhas das liñas de traballo que seguimos e que converxen nun Proxecto integral de intervención comunitaria no medio rural centrado na comarca da Limia que financian entidades coma a Deputación de Ourense ou a Consellería de Política Social a través da recadación do imposto do IRPF así como diferentes concellos da comarca.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias