Accesibilidad
Infórmate > Noticias 

Noticias 

Escoita as pedras...
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

10/04/2023 | Boado

Excursión á Pedra do Burato

1 de 4

O que no seu día se converteu nun lema do CDR O Viso (Escoita as pedras...) vive aínda e cobra vixencia cada día. Hoxe fomos ó monte de Boado para coñecer unha rocha con moito que contar. Escoitamos á natureza vivir e á xente falar e por iso existe o CDR. Para iso existe o CDR.
Cerca de tres ducias de persoas quixeron saber máis da Pedra do Buraco, nas Faldas do Monte en Boado e abofé que souberon. Fixemos un paseo pola etnografía boadesa ó lado dun lavadoiro xa esquecido pero que pinga a pinga recibe toda a auga que segue nacendo na Lavarqueira. Adentrámonos despois pola xeoloxía da man da mariñá Silvia, unha nova limiá, que explicou como o granito nace no núcleo da terra e emerxe, co paso de millóns de anos, ata a superficie para deleitarnos con figuras coma a rocha que fomos ver.

No mundo das lendas e o imaxinario entramos cando o Augusto leu un conto que vive na memoria daqueles pobos e que ilustrou a Mirian. E finalmente, houbo unha bonita incursión no mundo da antropoloxía cun ritual de bautismo da rocha, que mira atenta o mundo co seu misterioso ollo.
E pechamos como é debido, cunha merenda popular descansando os corpos outra vez nos penedos.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos
Vídeos
Noticias
Outras formas de asociarte
  • Chamando ao 988 46 15 71
.

Hosting por

Radio Lodoselo

banner