Accesibilidad
Infórmate > Noticias 

Noticias 

Talento, futuro, traballo
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

22/03/2023 | Ourense

Feira de emprego da Universidade de Vigo

1 de 4

Este mércores, 22 de marzo, o CDR O Viso estivo na Feira de emprego da Universidade de Vigo. EmpregoinCampus Ourense está organizada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade e conta co apoio da Vicerreitoria do Campus de Ourense, da Deputación de Ourense e do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Apostamos por estar aquí dúas persoas do CDR porque o rural limiao ten moito que ofrecerlle á mocidade que está construíndo os seus proxectos laborais e persoais.
Presentamos o CDR a estudantes e profesionais de moitos sectores cos que compartimos a xornada, nomeadamente no ámbito alimentario, tecnolóxico, educativo e de recursos humanos.
Representaron ó CDR a orientadora laboral e un dos educadores para ensinar como é a entidade por dentro e cales son os camiños que se están seguindo ou iniciado. Tamén serviu para escoitar de primeira man cales son as preocupacións e demandas da poboación universitaria.
Defendemos unha perspectiva rural nas proxeccións persoais da mocidade e esperamos que moi pronto se poidan sumar ó CDR.

Tras celebrarse o pasado 16 de marzo no campus de Vigo, a Feira EmpregoInCampus chegou este mércores ao campus de Ourense. A cita celebrou a súa primeira edición na cidade das Burgas co obxectivo de converterse na gran cita de referencia anual co emprego universitario. Arredor de 60 entidades, públicas e privadas, relacionadas coas diferentes titulacións que ofrecen as facultades e escolas ourensás buscaron nesta feira captar talento e máis de 200 estudantes inscritos buscaron información e oportunidades para o seu futuro profesional.

As persoas interesadas, ademais de visitar os postos das entidades, tiveron a oportunidade de participar nun amplo programa de actividades paralelas, como mesas redondas e conferencias sobre as consecuencias da pandemia e da guerra de Ucraína no sector hoteleiro e agroalimentario; a empregabilidade no ámbito social e socioeducativo; as fortalezas e oportunidades da escola rural e os campos laborais da enxeñaría agrícola.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Outras formas de asociarte
  • Chamando ao 988 46 15 71
.

Hosting por

Radio Lodoselo

banner