Accesibilidad

Noticias 

© CDR "O Viso" | 23/11/2022 | II Jornada de convivencia gastronómica.

II Xornada de convivencia gastronómica.

II Obradoiro de cociña e nutrición intercultural co colectivo marroquí de Xinzo e a Asociación Auria de Diabetes.

23/11/2022 | Lodoselo

O martes pasado foron receitas marroquís, esta pasada xornada tocaron receitas da dieta atlántica.

Pratos galegos e cociñados con todo o agarimo do mundo polas compañeiras de Auria: Zamburiñas, tortilla de pataca, empanada, xurelos ao forno… E doces, moitos doces: Tarta de Santiago, biscoito de castaña, flan, queixo con marmelo, filloas…

Pablo G. Vivanco falounos desta dieta, que favorece a prevención das enfermidades cardíacas, e ensinounos qué cantidades son as axeitadas para cada persoa, cantas calorías consumimos neses pratos, como o podemos facer de forma máis saudábel...

Unha xornada súper interesante. Non se debían fiar de que lles gustaría “o noso”, que as compañeiras marroquís trouxeron dúas sopas (Harira e Dchicha), diferentes pans e unha bandexa dos seus doces…

Resultado? Ademais de poñernos as botas… Desfrutamos dunha fermosa tarde de cooperación entre culturas compartindo cociña, receitas, consellos e forxando amizades.

Estas actividades levámolas a cabo xunto con outras entidades que forman a agrupación galega “Terra e Xente” dentro do programa “Galicia Acolledora”. Están financiadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias