Infórmate > Noticias 

Noticias 

Recollemos o segundo lote de alimentos do 2022 (máis de 3.000 quilos)
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/11/2022 | Lodoselo

2ª fase do plan FEAD ( fondo de axuda europea para as persoas máis desfavorecidas)
 

1 de 4

A Federación Española de Bancos de alimentos (FESBALL) e a Cruz Vermella son as organizacións autorizadas de Distribución encargadas de repartir alimentos subministrados polo Programa Operativo de Axuda Alimentaria do Fondo de Axuda Europeo para persoas más desfavorecidas 2014-2020 (FEAD). E os Bancos de Alimentos distribúenos de forma gratuíta entre as Organizacións de Reparto Autorizadas (OAR) que posteriormente entregan ás persoas destinatarias.
Pois ben, o #CDR O Viso como organización que somos de reparto autorizada, o pasado venres, 28 de outubro, desprazámonos por segunda vez neste ano, para recoller os lotes de alimentos non perecedoiros na nave do Banco de Alimentos de Ourense situada no Polígono de San Cibrao das Viñas.
Desta volta, recollemos un total de 3.037,320 quilos de alimentos que repartiremos ó longo destes dous meses (novembro e decembro) ás familias beneficiarias. Esta distribución de alimentos vai ligada a medidas de acompañamento social co fin de favorecer a inclusión social.
Foi un día intenso de traballo onde cargamos, descargamos e colocamos os diferentes lotes; queremos agradecer ás persoas voluntarias que participaron neste día, sen a súa labor sería imposible. Tamén o préstamo do vehículo para o transporte co que nos ten axudado Garza Automoción, Mercedes-Benz.

Enlace datos sobre o programa: https://www.fesbal.org.es/fead-fega

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies