Infórmate > Noticias 

Noticias 

Somos territorio
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

19/08/2022 | Lodoselo

Cultura de responsabilidade ambiental

1 de 7

Dise que a Concienciación ambiental é o coñecemento que os seres humanos temos da contorna que nos rodea para coidalo. Ou a convicción dunha persoa, organización, grupo… de que os recursos naturais deben protexerse e usarse racionalmente en beneficio do presente e o futuro da humanidade.
Coas problemáticas ben presentes polo tempo que temos tido, calor extremo, os lumes, a escaseza da auga, a destrución causada no pobo e a contorna pola treboada de metade de xuño, as continuas novas sobre o cambio climático… fai que o medio ambiente estea na boca de todas as persoas e ata parece que teña aumentado a preocupación da cidadanía polas posibles consecuencias que ten un tratamento nocivo ó medio que nos rodea.
E chega un evento como as festas patronais do pobo, e será que a masificación nos volve anónimos, números, inconscientes, vítimas dunha estrutura que nos allea (que nos esconde e nos posibilita actuar fora de si, como alleados mentais) e velaquí un baño de crúa realidade; outro que podemos poñer na balanza fronte ó dato de que máis dun 80% dos españois declara ter feito algún sacrificio para contribuír á loita contra o cambio climático.
No día a día, en pequenos actos cotiás, no grande valor das pequenas cousas é onde amosamos a nosa identidade. Na valentía de dicirlle a alguén que tira algo ó chan: eh, perdoa... caeuche isto! Porque hai sitio onde botar o lixo; non ó chan.
Así que co convencemento de que somos territorio, porque nos consideramos parte do territorio que nos sostén, no que tecemos as nosas relacións e os nosos afectos, denunciamos a pouca sensibilidade dos que manifestan comportamentos energúmenos e nos salpican. E un ano, e outro tamén, tócanos recoller cantidades inxentes de lixo. Grazas a todxs os participantes no Concilia desta quincena, persoal traballador e voluntariado que si teñen cultura da responsabilidade medioambiental.
Imaxes do lixo recollido no campo da Lama e arredores

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies