Accesibilidad
Infórmate > Noticias 

Noticias 

Seguimos na loita contra o despoboamento
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/08/2022 | A Limia

Un xeito de facelo é axudar a que veñan persoas ó rural e acompañalas

1 de 1

O rural ten moita vida e moita vitalidade pero para que isto siga sendo así o CDR O Viso vén traballando nun programa contra o despoboamento da man do resto de centros de desenvolvemento rural do estado a través da confederación que os agrupa (COCEDER).
No pasado mes de xullo retomouse a fase efectiva deste traballo e xa se sumaron unha ducia de recursos ó banco de oportunidades de vivendas e negocios. Destaca especialmente o dato de que medio cento de familias contactaron con CDR O Viso para explorar opcións de construír o seu proxecto vital na Limia a onde xa chegaron recentemente seis familias novas.
Os lugares de procedencia destas familias son variados, destacando as grandes cidades e zonas altamente poboadas como Madrid, Barcelona ou o Levante.
Ante a expectación levantada pola nosa comarca, o CDR O Viso quere incorporar máis casas ó bando de ofertas que manexa para dar resposta ás demandas da xente que algún día pode ser a nosa veciña, quen traballe connosco, quen nos compre as propiedades das que queremos desfacernos, etc.
Se tés unha vivenda que sirva para habitar, contacta connosco.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
Outras formas de asociarte
  • Chamando ao 988 46 15 71
.

Hosting por

Radio Lodoselo

banner