Infórmate > Noticias 

Noticias 

Preséntase o libro A Memoria da Auga
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

24/06/2022 | Boado

Da veciñanza de Boado e Porto Alto

1 de 1

A aldea limiá de Boado conta cunha das maiores concentracións hídricas da provincia sendo atravesada por tres ríos e contando con vinte fontes e pozas comunitarias, outra tantas privadas e tres lavadoiros colectivos. Esta riqueza condicionou o xeito de vida da zona e deu pé a innumerables contos.

A veciñanza de Boado e Porto Alto recolleu ó longo desta primavera as historias senlleiras que teñen á auga como protagonista. É unha escolma de aventuras e anécdotas coas que dignificar a vida rural limiá e que vincula a diferentes xeracións de xente da zona editado polo Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.

O libro, coordinado polo boadés Camilo Vila, será presentado o sábado 25 ás 19.00 na Escola de Boado. A presentación está incluída no programa das festas do pobo. Esta iniciativa é posible grazas ó CDR O Viso, quen vén recollendo o patrimonio, material e inmaterial, que rodea á auga na comarca da Limia e parcialmente financiado grazas ó Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies