Infórmate > Noticias 

Noticias 

O Pobo escola abre as súas portas
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

02/05/2022 | Lodoselo

Obrigados á excelencia en cada visita

1 de 3

Centos de escolares de toda a provincia vivirán en Lodoselo unha experiencia rural que con certeza levarán consigo durante moito tempo na súa carteira de aprendizaxes. Agárdase que pase cerca dun milleiro de visitantes entre maio e xuño. Neste recén finado mes de abril tivemos con nós ó alumnado dos Ceip de  Baltar, Vendas da Barreira, Oímbra, Sarreaus. Moitísimas grazas por achegarvos ata aquí, por escoller a nosa proposta de coñecemento vital da realidade rural: entorno natural e humano, modos de vida... mediante o programa do "Pobo escola".
Sons, cores, cheiros, tactos e sabores novos perseguen captar a atención dun público crítico e sincero que obriga á excelencia en cada visita.

Mantense a fornada tradicional de pan artesán coa colaboración das veciñas Isabel, Angelita e Rosa. Cada escolar fará e levará un bolo de pan. Tamén se manteñen os animais como anfitrións dos pequenos e pequenas cun cambio. Ó burro Fariñeiro, que tanta xente paseou e tanto ensinou, dende o ano 2008 na nosa compaña, faille o relevo a súa filla Terra. Seguirase tamén apostando pola concienciación ambiental, sobre os riscos do lume… co contacontos O Carballo con botas de Anxo Moure e facendo unha plantación de castiñeiros, carballos ou pradairos bravos (Acer pseudoplatanus L.)

Unha das novidades é a inmersión no xardín sensitivo no que se fai un percorrido de experimentación cos cinco sentidos situado nos arredores do Centro de Inclusión e da Casa Niño.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies