Accesibilidad

A.4- Ed. Infantil Familiar na Limia e Casa Niño

A.4- Ed. Infantil Familiar na Limia e Casa Niño
Unha contribución á parentalidade positiva

Desde - Hasta: 03/11/2015 - Actualmente

O CDR O Viso incorpora, no ano 2015, un novo programa de Educación Infantil Familiar ó seu proxecto de desenvolvemento integral na comarca da Limia. Abrangue:
- Un servizo socioeducativo de apoio ás familias coa posta en marcha de espazos de encontro educativos. Encontros semanais ou quincenais que potencien unha parentalidade positiva nos que participan as familias e as crianzas e una profesional do CDR. Unha persoa educadora, animadora, mediadora de interaccións entre adultos e nenos, promotora de reflexións educativas sobre estilos e pautas de crianza.
-  A creación dunha rede de apoio familiar e atención individualizada para familias e levado polas mesmas familias “ACOUGO”: especialmente para aquelas sen apoios familiares, que precisen contar con alguén para coidar da súa crianza durante algúns momentos puntuais; poderase así axudar a estas familias a conciliar vida familiar e laboral. 
   Isto que veu facendo Preescolar na Casa desde 1977 –na Limia desde 1985- ata 2012.
Constantando que segue sendo una necesidade contribuír á formación de nais e pais para axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fill@s, retomamos aqueles obxectivos:
- Crear unha concienciación da importancia do papel da familia á hora de apoiar o crecemento e desenvolvemento do nen@, reforzar ou modificar actitudes, crenzas e prácticas de crianza.
- Contribuír a crear na sociedade unha cultura da Educación Infantil Familiar e ao desenvolvemento da cultura e da lingua galega.

Grazas ó empeño, sobre todo de Lucía, logramos incorporar ó proxecto do CDR a Casa Niño. Desde o verán de 2018 e despois de ter que acudir ó "plan B" (pero sempre tendo claro o enfoque educativo, integral, formando parte do noso Pobo escola que tod@s conformamos) e de loitar contra os moitos atrancos que se foron presentando, temos, por fin, a alta un ano despois (verán de 2019).