Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/01/2021 | Vacuna

Despedimos o ano coa primeira dose da vacina

O equipo de  vacinación do Sergas estivo en "A túa outra casa"

31/12/2020 | Lodoselo

Na última mañá do ano, dese ano complicado que nos obrigou, dalgún xeito, a ver e mirar desde outra perspectiva, recibimos na Vivenda Comunitaria do CDR O Viso, en Lodoselo, a chegada do equipo do Sergas preparados para administrar a vacina.

Se xa viviramos a nova de que a primeira persoa que recibira a dose da provincia de Ourense fora unha persoa do pobo, un membro máis do CDR, Inocencio Corbal, que durante moitos anos participou no comedor e nas actividades do Centro, agora o que seguiramos nos medios, tamén chegou aquí.

Residentes e traballadoras/es que están en contacto con estas persoas pasaron polas mans deste equipo que fixeron o traballo tan ben que nos dicían que non lles doera; mesmo algún dicía que era a vacina que menos que lle doera... e iso que "lle teño moito medo ás agullas".

Agardamos que sirva para ir dando paso a unha nova época cargadiña de boas novas e confiamos en que o bo facer, o mantemento dos protocolos establecidos e das medidas sanitarias dictadas nos sigan mantendo libres de contaxios.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias