Accesibilidad

Noticias 

O proxecto presentado polo CDR O Viso un dos seleccionados por EDP Solidaria 2020

 Das 73 accións propostas, a Fundación seleccionou 14

25/10/2020 | Oviedo

A Fundación EDP ten a súa orixe na Fundación Hidrocantábrico. A evolución da Fundación Hidrocantábrico deu lugar á Fundación EDP, constituída o 5 de Novembro de 2013. Esta Fundación ten por Misión, reforzar o compromiso do Grupo EDP nos ámbitos xeográficos en que desenvolve a súa actividade, con especial atención ás áreas, educativa, cultural, social e ambiental dentro dunha perspectiva de desenvolvemento sostible global, no que a xeración e utilización eficiente e responsable da enerxía xoga un papel determinante.

A Fundación EDP finalizou o proceso de avaliación dos proxectos presentados a “EDP Solidaria 2019”. Das 73 accións propostas, a Fundación seleccionou 14, que recibirán unha achega total de 600.000 euros.Un destes catorce é o do CDR O Viso. Moitísimas grazas.

A selección foi realizada por un xurado, formado por responsables das diferentes áreas da compañía e representantes de clientes B2 B. Os proxectos executaranse proximamente baixo a supervisión de xestores voluntarios de EDP.

EDP SOLIDARIA é unha iniciativa impulsada pola Fundación EDP que ten como obxectivo principal contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas nas zonas onde EDP desenvolve a súa actividade, a través do apoio a proxectos sostibles que contribúan a mellorar a contorna, reducir as desigualdades e avanzar na construción dunha sociedade máis xusta, equitativa e socialmente responsable.
 

Aquí, a continuación, o enlace cos proxectos das entidades así como o ámbito xeográfico e el importe das axudas: https://www.fundacionedp.es/recursos/doc/fundacionedp/20150129/edp-solidaria/proyectos-seleccionados-edp-solidaria-2020.pdf

Arquivada en:
Infórmate > Noticias