Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/01/2020 |

Rematamos o Concilia de Nadal de 2019

Foron días de emocións, aprendizaxes, novas amizades...

03/01/2020 | Xinzo de Limia

Hoxe demos por finalizado o Concilia de Nadal de 2019. Aínda que só foron cinco días, deron moito de sí; fixemos novas amizades, reencontrámonos con outras de anos anteriores, adquirimos novas aprendizaxes...

Este último día do concilia tiña que ser especial, e que mellor maneira de rematalo que recuperando antigas tradicións como a de cantar os reis polas rúas da nosa vila de Xinzo e recibindo o aguinaldo.

Comezamos no Concello de Xinzo de Limia onde nos agardaba Elvira co primeiro dos aguinaldos: grazas alcaldesa!!! Tamén andamos pola Praza Maior, a rúa de San Roque, Centro de Saúde... E neste día non podiamos esquecernos das persoas maiores, por iso fomos cantar os reis ao Centro de Día e á Residencia de Santa Mariña, onde se animaron a cantar con todos nós. 

Graciñas a todos e todas!!!

Apreta María, apreta Xosé, apreta o zapato 

que che cae do pé.

Son voltas, son voltas, son voltas que o mundo dá,

son voltas, son voltas nos días da Navidá 

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias