Infórmate > Noticias 

Noticias 

Novas contratacións de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

18/11/2019

Benvid@s Anabel e Diego

1 de 2

Dende o 15 de novembro, contamos coa axuda de dúas novas persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil –a través de Programas de cooperación coas entidades en ánimo de lucro.
Este programa enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89 %. Dentro do Programa operativo de emprego xuvenil (POEX), eixe prioritario 5, relativo á integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non se atopan empregadas nin participan en actividades de educación nin formación, en particular no contexto da garantía xuvenil. Este eixe 5 está composto de obxectivos específicos dos cales están afectados por este programa os seguintes:
– Prioridade de investimento 8.2. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non se atopan empregadas nin participan en actividades de educación nin formación, así como as persoas mozas que corren o risco de sufrir exclusión social e as procedentes de comunidades marxinadas, en particular no contexto de garantía xuvenil.
– Obxectivo específico 8.2.4. Co que se pretende aumentar a contratación das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como das que corren o risco de sufrir exclusión social, desde unha análise das diferentes necesidades da situación das mulleres e homes e a coordinación cos orientadores laborais contratados no marco de Programa operativo de emprego xuvenil.
– Medida 8.2.4.2. Axudas ao emprego para a contratación de persoas mozas durante un período superior a seis meses.

Durante sete meses, contaremos coa axuda de Anabel no programa de Atención socioeducativa de nenas/os e familias da Comarca da Limia e con Diego, no CIX – Centro de Información xuvenil e servizos integrados; tamén participarán ámbolos dous en tódalas actividades que o CDR leva a cabo na área educativa, ambiental e na promoción dos contornos rurais dentro do proxecto integral presentado: “VIVIMOS NO RURAL: PRESERVÁNDOO, SENSIBILIZANDO, EDUCÁNDONOS”.

Agardando que poidamos ser de utilidade para seguir prestando uns servizos cada vez máis eficientes á nosa comunidade e axudando á mellora da súa empregabilidade en particular e á inserción profesional da mocidade da Limia en xeral. 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info