Noticias
Semana de campaña polo 8 de Marzo: Día Internacional das Mulleres.
Actividades de coeducación e igualdade pola Comarca da Limia.
14/03/2019 | Xinzo de Limia.
Ao longo desta semana estivemos en tódolos C.E.I.P.s e nos I.E.S. da comarca da Limia informando, concienciando e sensibilizando sobre o que se pretende acadar conmemorando o 8 de marzo e polo que debemos de seguir loitando todxs: A IGUALDADE.
Adquirimos novos conceptos, analizamos a linguaxe sexista, debatemos sobre as desigualdades laborais, reflexionamos sobre a importancia e o valor do noso tempo e o da nosa familia, coñecemos as historias de dez mulleres extraordinarias e intentamos buscar solucións para acadar unha igualdade de dereitos e oportunidades real entre mulleres e homes.
Moitas grazas aos e ás máis de 200 nenxs que participaron e ás e aos profesorxs pola sua amabilidade e implicación coa campaña.
SEGUIMOS!
Arquivada en:
Infórmate > Noticias