Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 13/12/2018 |

Concilia no Nadal.

Actividades para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

26/12/2018 - 04/01/2019 | Xinzo de Limia.

Dende o CDR O Viso seguimos achegando o noso gran de area para posibilitar e facer mais doada a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias. Por iso, levaremos a cabo durante os días 26, 27, 28 de decembro e, 2,3 e 4 de xaneiro un servizo de conciliación na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, en horario de 09:00h a 14:00h. Actividades lúdicas para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade.

Prazas limitadas!, prazo de incrición: ata o 21 de decembro na rúa Ladeira, nº21, baixo. Xinzo de Limia. Teléfono: 988461571.   e-mail: cixdalimia@cdroviso.org 

Este proxecto está cofinanciado por la Deputación Provincial de Ourense.

Lugar de celebración:

Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades