Infórmate > Axenda de actividades

Axenda de actividades

Queres ser unha voz do rural galego?
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

- 12/10/2016 | A Limia

RecThink. Erasmus +

1 de 3

RecThink é un proxecto europeo que quere dar voz á Comarca da Limia e máis xente nova do rural en Europa.
Como? Mediante unha serie de obradoiros prácticos que impartirán xornalistas e profesionais dos medios audiovisuais e da comunicación no CDR O Viso. Estes obradoiros prácticos acompañaranse de sesións online nas que falaremos de como editar vídeos, aproveitar ao máximo o móbil para facer fotos ou empregar as redes sociais para difundir as nosas actividades e traballos.
RecThink vaise desenvolver ao mesmo tempo en Italia, Francia, Portugal e Galicia. En cada un destes sitios, imos xuntar a 15 persoas menores de 30 anos para que fagan unha curtametraxe sobre os problemas ou dificultades que atopan na súa comarca, unha revista multimedia sobre o valor e riqueza da zona, e unha campaña promocional en redes sociais sobre alternativas para o desenvolvemento na súa rexión. Todos os contidos vanse compartir e publicar na web www.recthink.eu, xuntando así a visión dos catro países nun mesmo espazo web.
A actividade está coordinada polo CDR O Viso e por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), e desenvolverase nos meses de abril, maio e xuño, cunhas 8 sesións presenciais máis outras online.
As datas e o horario fixaranse en función das posibilidades do grupo.
No mes de xullo haberá un encontro internacional en Portugal ao que poderán asisitir algúns dos participantes. Unha vez rematada a participación nas diferentes sesións e actividades prácticas, entregarase un diploma cos coñecementos adquiridos validado con Youthpass.
Interésache? Queres apuntarte? Tes algunha dúbida? Ponte e contacto e explicámosche o que necesites.
Ah! Todas as actividades son de balde, só necesitamos o teu interese por participar e poñerlle voz á Comarca da Limia en Europa.

Arquivada en:

Infórmate > Axenda de Actividades

MATERIAIS RELACIONADOS
Axenda de Actividades

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies