Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 09/02/2023 | Alfabetización dixital

Novo curso de alfabetización dixital

Cultivando o sentido de pertenza

09/02/2023 | A Limia

Poñemos en marcha un novo curso de “Competencias dixitais contra a exclusión” no que participan un total de 10 persoas de Xinzo de Limia e de concellos limítrofes. O curso estase a impartir todos os luns en horario de mañá na Casa da Cultura de Xinzo de Limia e terá unha duración de 4 meses; tamén seguimos co curso iniciado en Lodoselo e que se imparte todos os xoves no Centro de Inclusión.
Dende o C.D.R O Viso, con estas formacións, preténdese mellorar a autonomía dixital das persoas participantes, así como crear espazos de relación e comunidades saudables. Cultivar o sentido de pertenza, a consciencia de sentirnos parte, identificados, integrados.
Esta é unha actuación máis enmarcada na subvención de Inclusión de Política Social da Xunta de Galicia: “promover a igualdade, a saúde e a inclusión social” e financiada parcialmente con fondos REACT-UE pola Unión Europea como parte da resposta á pandemia da COVID-19.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias