Accesibilidad

Noticias 

Relevante colaboración económica do Concello de Xinzo de Limia, un ano máis

Para cofinanciar algúns proxectos do CDR O Viso

10/08/2022

Con data do 8  de agosto recibimos agradecidos a comunicación da iniciación dos trámites para conceder  unha subvención  de carácter nominativo ó CDR O VISO por existir razóns de interese público e social. O importe ascende a 5.000 euros. A Xunta de Goberno Local toma este acordo por unanimidade dos membros asistentes. A criterio da Alcaldía esta asociación realiza unha importante labor no ámbito do fomento dos servizos sociais na vila e pobos de  Xinzo de Limia, e contribúe a poñelos en valor  nas diferentes actuacións en que participa.
O CDR presta sobre todo SERVIZOS DE PROXIMIDADE (XANTAR SOCIAL A DOMICILIO...) E ATENCIÓN URXENTE PARA FACER FRONTE ÁS NECESIDADES BÁSICAS tanto na vila coma en moitos pobos do Concello de Xinzo e da comarca.
Algunhas das diferentes accións realizadas e que se seguen facendo son:
- Servizo de xantar a domicilio: o reparto diario de xantares e algunhas ceas tamén de comedor social.  A máis de 80 persoas cada día e todos os días do ano tanto na vila coma en moitos dos pobos do Concello. Un 69% do total deste servizo.
- Servizos de atención no propio domicilio coma o asesoramento a familias e coidadoras de persoas dependentes, sesións de terapia ocupacional e atención psicolóxica, acompañamentos, préstamo de medidas de apoio...
- Reparto, dous días á semana, de produtos frescos e básicos de alimentación provenientes, na súa maioría, de doazóns (sobre todo das que recibimos diariamente de Mercadona)
- Pagamento de recibos de alugueiro e de subministración (produtos de hixiene, de farmacia, de auga, luz e gas entre outros) a persoas/familias que o necesitan.
O equipo da entidade mantivo reunións de coordinación interdisciplinar cos servizos sociais comunitarios básicos do Concello e seguimos a facelo.
Desde o CDR O Viso agradecemos que por terceiro ano, esta Corporación do Concello de Xinzo, nos sigan a posibilitar medios para poder seguir facendo posible o que é necesario. Lembrar que unha das sedes do CDR está na rúa Ladeira nº21 con persoal ó dispor de quen o necesite.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias