Noticias
© CDR O VISO | 14/06/2021 |
A Teleformación como ferramenta de mellora da cualificación profesional
Teleformación no CIX
14/06/2021 | A Limia
No CDR O Viso, dende o Programa de Intinerarios integrados para loitar contra o despoboamento no medio rural, chegamos ao mes de Xuño con 20 persoas que estiveron a mellorar a súa cualificación mediante a Teleformación. Para as persoas que non teñen acceso a internet ou dispositivos para facer teleformación, contaron cun “Punto TIC” no CIX para levar a cabo a formación.
Os cursos gratuítos que están en marcha na actualidade son:
Xestión Básica de Almacén
Administración de Alimentos e Tratamentos para persoas Dependentes no Domicilio
Atención ao Cliente e Calidade do Servizo
Primeiros Auxilios para Persoas con Discapacidade
Estas accións formativas enmárcanse dentro do itinerario establecido na Acción de Orientación e Asesoramiento Individualizado (AO) para mellorar a empregabilidade das persoas que participan no Programa Itinerarios integrados para loitar contra o despoboamento rural. POISES. Cofinanciado polo FSE con cargo ao programa operativo do mesmo nome, pertencente ao FSE 2014-2020 (CCI 2014ES05SFOP012) para loitar contra a despoboamento rural.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias