Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/06/2021 |

Encontro de familias en Lodoselo

Novo encontro das familias ó 25 de xuño en Lodoselo

03/06/2021 | Lodoselo

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural o Viso, o próximo 25 de xuño as 16:30 horas levaremos a cabo o 4º encontro das familias do programa de Educación Infantil Familiar na Limia e de todas aquelas que desexen participar, xa que o ano pasado debido ao COVID-19 non foi posible. Convidamósvos a compartir unha tarde de xogos, intercambios e reflexións no entorno rural de Lodoselo, rodeados de natureza e animais.
Se estás interesado recorda inscribirte:
Oficina do C.D.R O Viso (Rúa Ladeira nº21, baixo)

Teléfonos: 988461571 - 678284358

eifoviso@gmail.com

Agardámoste!

Esta actividade é posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a  programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias