Accesibilidad

Noticias 

© CDR O VISO | 07/05/2021 |

Os nosos maiores de visita por Couso Rural

Poñendo en valor o que nos rodea

07/05/2021

Aproveitando o bo día de hoxe, decidimos facer unha pequena saída cos nosos maiores ata Couso Rural. O principal motivo que nos levou a ir, foi que Jesús, o noso terapeuta ocupacional descoñecía o lugar e tiña escoitado falar aos maiores do encanto do sitio (que sen dúbida o é). 

Algúns dos nosos maiores coñece moi ben o lugar, coma Inocencio, que estivo a recordar e a contarnos como era Couso na época na que el era mozo e como chegou a converterse na actualidade nunha aldea totalmente restaurada, xa que estivo prácticamente abandonada. Sen dúbida foi toda unha experiencia e dende aquí queremos reivindicar a importancia de poñer en valor lugares coma este. 

Temos que darlle ás grazas a Couso Rural, xa que cando nos viron alí, estiveron moi pendentes de todos nós e incluso nos convidaron a un cafeciño. Moitísimas grazas e prometemos regresar!!!

 

 

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias