Accesibilidad

Noticias 

Participaremos no acto de clausura da Tribo Vedra帽a

 Curso de formación da Fundación Eomaia

28/04/2021 | Ponteareas

Mañá, xoves 29, participaremos no acto de clausura do Curso de Voluntariado “Tribo Vedraña” que terá lugar no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas a partires das 11h.
Fomos convidados por Lucía González presidenta da Fundación Eomaia que nos visitou, acompañada, o pasado 12 de marzo.


O curso desenvolveuse desde o pasado 19 de febrero e ó longo de marzo e abril, cun total de 40 horas, destinado a persoas interesadas dos concellos de Ponteareas, Covelo e Mondariz.  A pretensión é crear un núcleo  forte de voluntariado formado que sirva de inicio a  unha  rede permanente que fomente valores de  solidariedade,  compaixón e  responsabilidade social, para dar  resposta  ás necesidades e carencias sobre a demanda potencial da prestación de  servizos para  persoas  maiores da  comunidade rural na contorna de Ponteareas, Mondariz e Covelo. E desenvolver programas que integren distintos  proxectos  dirixidos  ós  maiores e  ás  súas familias  coidadoras a través de actividades educativas, formativas/informativas, artísticas, e da prestación de  servizos de  proximidade e  acompañamento para que este sector da  poboación  permaneza no  seu medio o  maior tempo posible.


O programa do curso que se impartiu tratou de  contribuír a recuperar a participación das  persoas  maiores  na  sociedade e potenciar a  xeración de  espazos  inter-personais e dinamización cultural da  contorna.  Encamiñouse  á  posibilidade da participación activa, das  persoas  maiores,  na  súa vida social e familiar, gozar  dunha  calidade de vida e respectar a  súa  dignidade  nesta etapa da vida.  A artellar  unha serie de  accións,  levadas a cabo por  persoal voluntario, que sirvan de  apoio  ás  persoas e  ás  súas familias, para  engadir  calidade e alivio  na etapa final da vida.

Así  mesmo, o programa pretendeu  achegar  á  cidadanía en  xeral  as  ferramentas informativas, formativas e  asistenciais que  contribúan a  manter e  protexer a autonomía  persoal e  as  decisións  baixo o amparo de ser  cidadáns/ as de pleno  dereito. Enmárcase dentro  do  proxecto de  acompañamento  ó final da vida, “ Unha  boa  morte para todas  as  persoas”,  co fin de  fornecer  na medida  do posible  unha  boa vida que desemboque  nun fin digno e respectado, favorecido por  vencellos afectivos que  sexan  produto  dunha relación  inter- xeracional e de  veciñanza  saudable, dinámica e creativa.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias