Infórmate > Noticias 

Noticias 

Campaña do 8M nos centros educativos de Xinzo e da comarca
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

05/03/2021 | A Limia

Mulleres líderes: Por un futuro igualitario 

1 de 1

A próxima semana, con motivo do 8M "Día Internacional das Mulleres", levaremos a cabo nos centros educativos da comarca e nos IES de Xinzo as xornadas de promoción da igualdade. Cada 8 de Marzo, o noso principal obxectivo e tratar de concienciar e visibilizar a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, nenas e nenos na poboación limiá. Cremos e pensamos que é fundamental traballar dende idades temperás a importancia de eliminar roles e estereotipos de xénero, así como fomentar a liberdade e igualdade entre nenas e nenos. 

Como tódolos anos, esta campaña e organizada e levada a cabo en colaboración coa Cruz Vermella de Xinzo e o Centro de Información á Muller (CIM). Ante a situación na que nos atopamos debido ao COVID-19, seguiremos o protocolo de actuación en tódolos centros educativos para realizar de forma segura a campaña. 

 

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies