Infórmate > Noticias 

Noticias 

Damos comezo ao programa de Formación Dixital
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

24/02/2021 | A Limia

Tódolos mércores e xoves no CIX 

1 de 1

Nun mundo de constante cambio, as desigualdades sociais e a poboación en risco de exclusión social fomentan o acceso desigual ao mundo do coñecemento a través das tecnoloxías. Se facilitamos o acceso das persoas que viven nas zonas rurais ás tecnoloxías e a alfabetización dixital, conseguiremos desenvolver a integración social, aumentar a súa potencialidade e a participación activa e crítica na sociedade. 

Unha das necesidades sociais que detectamos que nos leva a desenvolver este programa é cubrir a brecha dixital interxeracional e de xénero que existe na nosa contorna. As persoas participantes no programa, precisan acadar coñecementos básicos sobre as novas tecnoloxías para así mellorar aspectos básicos da vida, persoais, laborais e de inclusión social. 

O programa enmárcase na ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións plurianuais a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2020,2021 e 2022 (confinanciada parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), obxectivo temático 9.7.1 "unha maneira de facer Europa" e polo Fondo Social Europeo (FSE) obxectivo específico 9.1.1 "O FSE inviste no teu futuro" no seu obxectivo 9 "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación"

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies