Infórmate > Noticias 

Noticias 

A gratitude como hábito
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

08/12/2020 | Lodoselo

Xornada de cribado masivo no Concello de Sarreaus

1 de 4

Un día máis para dicir: grazas!. Velaquí unha das palabras máxicas (como acostumamos a dicir na escola e noutros ámbitos).
Grazas á vecindade que se achegou ata o pavillón de deportes para facer ese cribado que nos posibilite coidar dos que temos á nosa beira. Por se somos asintomáticos e estamos esparexendo o demo do virus este.
Grazas ó persoal do Sergas que tan ben nos atendeu neste día. No día das Inmas e das Conchiñas este ano tocou pasalo desta maneira.
Grazas ó persoal do Concello, na figura do Alcalde e ós membros de Protección Civil pola súa dispoñibilidade e a permanente actitude de axuda que nos teñen manifestado ó longo desta pandemia.
O noso talante incorpora a gratitude como hábito. Velaquí a actitude incondicional que nos permite sentirnos ben. Porque sentirse ben, dar as grazas só cando as cousas saen como un espera é esoutra actitude condicionada a que como non sempre acontece o que un espera, ocorre que esta actitude dure pouco.
E todas e todos temos motivos para reflexionar sobre o afortunados que somos non só polo importante, tamén polo que moitas veces consideramos intrascendente.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies